No corpus literario cunqueiriano o mito de Pia dei Tolomei case sempre pervive, con todas as resonancias e con todas as evocacións e harmónicos dantescos, é dicir, co fascinio da súa misteriosa feminidade púdica e reservada. Non obstante, en certos textos desvélasenos unha criatura espoliada da inxenuidade e dos caracteres virxinais, que ben podería remitirnos ás ?ninfas? do mundo moderno que relatan a súa traxedia persoal de perfidia e de señardade en The waste land de T. S. Eliot.