BARRENETXEA, IBAN / SÁNCHEZ, PALOMA
Unha balea solitaria que percorre o mar buscando
a súa manda. Un cazador que a persegue sen
descanso e non parará ata darlle alcance.
Cando se atopan, descobren que teñen en común
máis do que imaxinaban. Dous protagonistas, e
como escenario o inmenso e misterioso océano.
Epopea moderna sobre a loita dun home contra
as forzas da natureza, pero a obra ofrece ademais
outro nivel de lectura máis intimista.
Porque esta tamén é unha historia que fala de
soidades.