Este caderno recolle as recensións teatrais de obras de Pirandello escritas por Gramsci (un total de 12), todas elas publicadas na edición turinesa do diario Avanti!, o xornal do Partido Socialista Italiano, e cinco textos, os máis extensos, dedicados ao dramaturgo italiano que escribiu no cárcere.
Non se trata aquí e agora de descubrir a gran figura de Antonio Gramsci, mais si de reivindicala, tanto política como literariamente, e nada mellor, no 70 aniversario da morte de Luigi Pirandello, que a publicación en galego dos textos que o sardo escribiu sobre o dramaturgo siciliano