ARNAL GIL, TXABI / ARNAL GIL, MANU
O home do crebacabezas sentaba diante do
crebacabezas e cambiaba algunha peza de
sitio, engadía ou eliminaba outras...
Xogaba coa vida do pobo todo.
Transformaba alegrías en penas,
penas en condenas.
Unha orixinal proposta sobre un tema case
inherente á condición humana e que, ao longo da
historia, tivo na literatura un dos seus mellores
altofalantes de denuncia: o abuso de poder.
No entanto, o relato vai máis aló da denuncia,
tamén advirte da existencia dunha xustiza poética.