Os ratos vivían felices até que chegou
unha terrible ameaza: un gato larpeiro
non os deixaba en paz. A solución
era poñerlle un cascabel ao gato para
oír onde andaba, pero... quen ía ser o
valente que se atrevería? Mais alí estaba
Ratomús, un ratiño arrichado que coa
axuda de varios compañeiros se embarcou
na arriscada aventura de poñerlle un
axóuxere a aquel gato malvado.