A protagonista desta historia fala en primeira
persoa e, ao tempo que nos fai partícipes das súas
percepcións, cóntanos os seus sentimentos. Por
momentos, comprendémolos e somos cómplices
da súa intimidade, da sensación de liberdade que a
invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar
coas libélulas, contarlle segredos a lúa, escoitar a
música do silencio...
Un conto inzado de metáforas e sinestesias,
tanto no texto como nas imaxes, coas que
profundaremos nos sentimentos e nas sensacións.
Para un público sen idade.